Lagoa de Guatavita

Coordenadas: 4°58′38″N 73°46′32″O / 4.9772222222222, -73.775555555556

Lagoa de Guatavita
Vista da lagoa de Guatavita

A lagoa de Guatavita atópase na cordilleira oriental de Colombia, no concello de Sesquilé, ó norte da cabeceira municipal de Guatavita a unha distancia de 75 km ó nordeste de Bogotá, provincia de Almeidas de Cundinamarca. A lagoa está a unha de altitude de 3.100 msnm e a unha temperatura de 5 a 11 °C. É unha depresión montañosa de forma perfectamente circular, con preto 700 m de diámetro, rodeada de bosques nativos. Na cordilleira Oriental os lagos paramunos de maior tamaño ocupan comunmente antigos circos glaciares, porén, crese que a depresión da lagoa de Guatavita formouse por un colapso por disolución de estratos salinos, o que concorda coas características xeolóxicas da rexión, onde hai grandes depósitos salinos como os de Zipaquirá, Nemocón e Tausa.[1]

Balsa muisca evidencia das cerimonias sacras que deron orixe á lenda do Dourado.
  1. "Altiplanos de Colombia". IM Editores. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search